Eudosio Álvarez Álvarez
DELEGADO DA ÁREA DE PATRIMONIO HISTÓRICO
En 1984 o Concello de Vigo adquiriu unha colección de olaría tradicional formada por un conxunto de 119 pezas elaboradas nalgúns dos alfares roáis representativos de Galicia co obxectivo de ir dotando ao museo municipal de Vigo cunha colección etnográfica de calidade.
Dende esa data ata boxe a dinámica cultural do Concello ten mudado progresivamente, dotando á cidade cie novos equipamentos que teten cuberto nos últimos anos moitos baleiros, como o MARCO, VERBUM, o Museo Etnográfico Olimpio Liste ou o CAT.
O Liste e o CAT naceron pola necesidade de crear institucións que reflectisen a nosa cultura popular, e no caso do Centro de Artesanía Tradicional, creado ao abeiro do Plan URBAN en 1999, co obxectivo de recuperar, protexer e divulgar unha parte fundamental do noso patrimonio etnográfico: os oficios tradicionais.
Moitas son as iniciativas desenvolvidas polo centro nestes 11 anos: programas expositivos e educativos, formativos, seminarios e conferencias, e neste último ano un ambicioso proxecto de fomento e comercialización da artesanía tradicional coa posta en marcha de FEIRA, un mercado ao aire libre no Casco Vello que con carácter mensual pon á disposición da cidadanía un produto único, resultado de técnicas e saberes seculares, e cun valor engadido que vai máis aló das súas caracterísiticas estéticas ou funcionais: a peza como depositaría da cultura e historia dun pobo.
O CAT, supuxo entre outras cousas, a creación dunha colección de oficios tradicionais entre os que ten unha especial relevancia a olería, que viu complementar a xa existente no museo municipal con 30 novas pezas dos últimos centros oleiros en activo de Galicia: Gundivós, Bonxe, Niñodaguia e Buño.
A edición desta publicación é un dos primeiros pasos que va¡ seguir esta concellería de cara á revalorización desta colección de olaría tradicional, das máis significativas de carácter público en Galicia. En fase de proxecto está a creación dun espazo expositivo vinculado ao CAT que amosará a toda a cidadanía unha parte da nosa memoria colectiva, gardada nunhas formas e num material que leva con nós dende tempos inmemoriais.
É, polo tanto, un pracer para min, presentar este traballo como o inicio dun ambicioso proxecto de recuperación e posta en valor dun patrimonio etnográfico que reflicte unha actividade humana que foi transmitida durante séculos de xeración en xeración, e que nós, como institución pública temos a obriga de conservar e divulgar.